sábado, 4 de noviembre de 2017

HORA DE MUDAR¡¡¡







          O título deste blog non é porque a súa temática sexan os ofidios, moi lonxe diso, porque a pesar de que os respecto non vos son animais do meu agrado pero sí que me gusta e me asombra ese "don" que teñen de mudar a súa pel, como se cada adaptasen a época que lles tocou vivir.
           O mundo no que vivimos os meus alumnos/as e máis eu está nun contínuo cambio, nunha constante voráxine evolutiva nun espazo moi curto de tempo. Os xogos dos nenos/as, a súa contorna, as ferramentas tecnolóxicas que teñen nas súas vidas fan que eu, como mestra, teña que ir cos tempos. Xa non vale dar o que poñen os libros, xa non temos diante alumnos/as con poucas ideas se non cunha bagaxe tecnolóxica e de acceso á información máis que importante,uns auténticos visitantes e consumidores de internet.
           E por todo isto que os mestres/as temos que estar dispostos a "MUDAR A NOSA PEL" , cal serpes, para ter ferramentas suficientes para mellorar a nosa formación como docentes e a nosa implicación para cos nosos alumno/as. Convertirnos non só en visitantes da rede senon como dí Jordi Adell, en residentes da rede. Facernos activos, coordinarnos e compartir, ensinar e aprender, dar segundo as súas necesidades,...
         Temos que darlle unha volta o noso papel como mestres non como portadores do saber se non como guías para obter a información e a formación suficiente para que os nosos nenos/as consigan ser  cidadáns activos, críticos e autónomos.
         Este é o obxectivo do meu blog, amosarvos todas aquelas ferramentas que atope e poña en práctica na miña aula que me axuden a mudar a pel e vos poidan servir a vos para mudar a vosa.

Alá imos¡¡¡¡

No hay comentarios:

Publicar un comentario

GRACIÑAS POLA NOVA PEL¡¡¡

     Dentro do curso que estou facendo no CAFI sobre os ambientes persoais de aprendizaxe tócanos facer unha reflexión final sobre o mesmo...