domingo, 10 de diciembre de 2017

GRACIÑAS POLA NOVA PEL¡¡¡



     Dentro do curso que estou facendo no CAFI sobre os ambientes persoais de aprendizaxe tócanos facer unha reflexión final sobre o mesmo como tarefa final, así que ala vou.
     Certo é que algunhas das feramentas das que falamos xa as coñecía: Pinterest, Dropbox, Google Drive e Docs e xa as usaba. Outras coñecíaas pero non as empregaba  como recurso persoal nin de clase, como foi Twitter, non sabedes o afeizonada que me fixen a "chiar", a atopar recursos e a compartir outros.




     Tamén aprendín outras que xa forman parte do meu PLE como é Feedly ou Diigo, que se non as coñecedes recoméndovos que o fagades. Outras non as vexo ainda tan interesantes para a miña aula, ainda que tamén é certo que son mestra de infantil, como foi Socialwire, ainda que si ten importancia para compartir con outros compañeiros/as.

     Teño que destacar todo o que lín, descubrín e aprendín, e o que me queda, sobre Flipped Learning e Gamificación e que dende logo tocou moi fondo na miña alma docente, facendo que me plantexase moitas cousas e avaliase a miña metodoloxía. Como ten por título o meu blog toca mudar a pel en moitas cousas¡¡¡¡¡¡ E xa non só como mestra dos meus alumnos/as, nin coma alumna dos meus alumnos/as, se non tamén como traballo colaborativo entre os meus compañeiros/as.




E xa por último o que máis me gustou do curso foi a colaboración e axuda entre todos os que conformábamos o grupo, tanto os compañeiros/as coma os titores, e destes últimos a súa forma de retarnos e animarnos cada semana, algo que poñerei en práctica na miña clase, de seguro.
Así que , graciñas mil e ata a seguinte¡¡¡ Vémonos por Twitter, jajajajajaja








viernes, 17 de noviembre de 2017

CURACIÓN DE CONTIDOS


 
      Como vos dixen en entradas anteriores, estou facendo un curso en PLATEGA, que dende aquí vos recomendo de ambientes persoais de aprendizaxe, e esta semana faláronnos sobre o título deste artigo: A CURACIÓN DE CONTIDOS.
       A verdade é que nunca antes oira falar desta terminoloxía pero teño que confesar que máis dunha vez pensara que a tecnoloxía, a internet,... dábanos moito, tal vez demasiado, e que non sempre o dabamos xestionado.
       E que ven sendo isto da Curación de Contidos? Pois o meu entender é unha especie de terapia de psicoanalisis de uso das redes. Todos os días consulto na internet distintas visións da educación, leo artigos sobre outras formas de ensino e de aprendizaxe, busco aplicacións ou ferramentas para empregar cos meus alumnos/as ou para uso persoal que logo redundan nos nenos/as, gardo páxinas ou blogs interesantes, comparto opinións, ideas,... con compañeiros/as sobre cousas que fixen,ect. Isto conleva a ter un montón de información a diario de moitas cousas, cento de aplicacións ou ferramentas mensualmente,.... en definitiva, un empacho de saberes¡¡¡¡ De aí que precisemos dunha cura para este empacho, un xeito de organizar todo o que obtemos da internet.



E así nacen os Curadores de Contidos, aqueles que lle dan sentido e significado a todo o que atopan pola rede. E a onde pasiño a pasiño me gustaría chegar a min.



       Se queredes saber máis sobre o que é a Curación de Contidos da man de auténticos "curadores" recoméndovos os seguintes artigos:

      Unha das aplicacións que emprego para organizar aquelas imaxes que me interesan sobre distintos contidos que traballo na clase, é PINTEREST. Dame a posibilidade de organizar por taboleiros temáticos as imaxes.

    Outra das plataformas que uso é SYMBALOO, nela organizo por pestanas aqueles enlaces ou URLS por intereses temáticos. Desta maneira ofrezo aos meus alumnos/as un escritorio virtual no que teñen distintos recursos sobre os contidos a traballar.


       E ata aquí por hoxe pero irei dando conta dos meus progresos para chegar a ser un curador de contidos. Ala imos¡¡¡¡











jueves, 16 de noviembre de 2017

sábado, 4 de noviembre de 2017

HORA DE MUDAR¡¡¡







          O título deste blog non é porque a súa temática sexan os ofidios, moi lonxe diso, porque a pesar de que os respecto non vos son animais do meu agrado pero sí que me gusta e me asombra ese "don" que teñen de mudar a súa pel, como se cada adaptasen a época que lles tocou vivir.
           O mundo no que vivimos os meus alumnos/as e máis eu está nun contínuo cambio, nunha constante voráxine evolutiva nun espazo moi curto de tempo. Os xogos dos nenos/as, a súa contorna, as ferramentas tecnolóxicas que teñen nas súas vidas fan que eu, como mestra, teña que ir cos tempos. Xa non vale dar o que poñen os libros, xa non temos diante alumnos/as con poucas ideas se non cunha bagaxe tecnolóxica e de acceso á información máis que importante,uns auténticos visitantes e consumidores de internet.
           E por todo isto que os mestres/as temos que estar dispostos a "MUDAR A NOSA PEL" , cal serpes, para ter ferramentas suficientes para mellorar a nosa formación como docentes e a nosa implicación para cos nosos alumno/as. Convertirnos non só en visitantes da rede senon como dí Jordi Adell, en residentes da rede. Facernos activos, coordinarnos e compartir, ensinar e aprender, dar segundo as súas necesidades,...
         Temos que darlle unha volta o noso papel como mestres non como portadores do saber se non como guías para obter a información e a formación suficiente para que os nosos nenos/as consigan ser  cidadáns activos, críticos e autónomos.
         Este é o obxectivo do meu blog, amosarvos todas aquelas ferramentas que atope e poña en práctica na miña aula que me axuden a mudar a pel e vos poidan servir a vos para mudar a vosa.

Alá imos¡¡¡¡

O MEU PLE

      
 O pasado mes de outubro empecei xunto con outros mestres un curso de formación en PLATEGA , plataforma on line de formación do profesorado galego a través do CAFI,  que leva por título "Ambientes persoais de aprendizaxe e redes sociais na educación" .
          A primeira cousa da que nos falaron os nosos titores foi do PLE (Personal Learning Enviroment) ou Entorno Persoal de Aprendizaxe. Eu xa oira falar deste termo pois tiven o pracer de escoitar en Madrid no Educared a Jordi Adell, director do Centro de Educación e Novas Tecnoloxías da Universidade San Jaume I de Castellón. 
Unha das tarefas era plasmar nunha imaxe o noso PLE que hoxe quero compartir con vós:


    Como podedes comprobar ainda queda moito que facer en min pero sigo intentándoo¡¡¡


Dolors Reig, la profesora sabia y las TIC


COMO A VIDA MESMA¡¡¡¡¡


FLIPPED CLASSROOM


   Volvendo de novo ao curso que vos falei na segunda entrada neste blog e recollendo do que falaba Salman Khan desta volta fálovos dun novo xeito de dar a clase a chamada "Clase invertida" ou FLIPPED CLASSROOM.



     Tamén vos recomendo visitar a páxina seguinte que me recomendou o meu titor JV Novegil, https://www.theflippedclassroom.es/ Parece o principio do cambio da muda de pel¡¡¡
A investigar toca¡¡¡¡¡

GRACIÑAS POLA NOVA PEL¡¡¡

     Dentro do curso que estou facendo no CAFI sobre os ambientes persoais de aprendizaxe tócanos facer unha reflexión final sobre o mesmo...