viernes, 17 de noviembre de 2017

CURACIÓN DE CONTIDOS


 
      Como vos dixen en entradas anteriores, estou facendo un curso en PLATEGA, que dende aquí vos recomendo de ambientes persoais de aprendizaxe, e esta semana faláronnos sobre o título deste artigo: A CURACIÓN DE CONTIDOS.
       A verdade é que nunca antes oira falar desta terminoloxía pero teño que confesar que máis dunha vez pensara que a tecnoloxía, a internet,... dábanos moito, tal vez demasiado, e que non sempre o dabamos xestionado.
       E que ven sendo isto da Curación de Contidos? Pois o meu entender é unha especie de terapia de psicoanalisis de uso das redes. Todos os días consulto na internet distintas visións da educación, leo artigos sobre outras formas de ensino e de aprendizaxe, busco aplicacións ou ferramentas para empregar cos meus alumnos/as ou para uso persoal que logo redundan nos nenos/as, gardo páxinas ou blogs interesantes, comparto opinións, ideas,... con compañeiros/as sobre cousas que fixen,ect. Isto conleva a ter un montón de información a diario de moitas cousas, cento de aplicacións ou ferramentas mensualmente,.... en definitiva, un empacho de saberes¡¡¡¡ De aí que precisemos dunha cura para este empacho, un xeito de organizar todo o que obtemos da internet.



E así nacen os Curadores de Contidos, aqueles que lle dan sentido e significado a todo o que atopan pola rede. E a onde pasiño a pasiño me gustaría chegar a min.



       Se queredes saber máis sobre o que é a Curación de Contidos da man de auténticos "curadores" recoméndovos os seguintes artigos:

      Unha das aplicacións que emprego para organizar aquelas imaxes que me interesan sobre distintos contidos que traballo na clase, é PINTEREST. Dame a posibilidade de organizar por taboleiros temáticos as imaxes.

    Outra das plataformas que uso é SYMBALOO, nela organizo por pestanas aqueles enlaces ou URLS por intereses temáticos. Desta maneira ofrezo aos meus alumnos/as un escritorio virtual no que teñen distintos recursos sobre os contidos a traballar.


       E ata aquí por hoxe pero irei dando conta dos meus progresos para chegar a ser un curador de contidos. Ala imos¡¡¡¡











No hay comentarios:

Publicar un comentario

GRACIÑAS POLA NOVA PEL¡¡¡

     Dentro do curso que estou facendo no CAFI sobre os ambientes persoais de aprendizaxe tócanos facer unha reflexión final sobre o mesmo...